NGC 3628 de canto

Créditos da imaxe e copyrightStephen Leshin

Explicación: as imaxes telescópicas definidas da magnífica galaxia espiral NGC 3628 de canto amosan un disco galáctico inchado dividido por escuros corredores de po. A estimulante escena leva a moitos astrónomos a pensar no seu nome popular, a Galaxia Hamburguesa. Cuns 100.000 anos luz de diámetro e a 35 millóns de anos luz de distancia na constelación de Leo, NGC 3628 comparte a súa veciñanza no Universo local con outras dúas grandes espirais, unha agrupación polo demais coñecida como o Triplete de Leo. As interaccións gravitacionais cos seus veciños cósmicos son probablemente responsables do seu ancho e torto disco, poboado de cúmulos de estrelas azuis e novas e reveladoras rexións de formación estelar rosadas. Tamén como resultado de pasados achegamentos, unha tenue cola de marea de material é visible estendéndose cara arriba e á esquerda deste profundo retrato galáctico.

Texto orixinal no APOD.