
Créditos da imaxe: NASAExplicación: próxima parada: Marte. Esta pasada fin de semana o
Mars Science Laboratory (N.T.: Laboratorio de Ciencia de Marte) que transporta o todoterreo Curiosity
despegou cara o planeta vermello no alto dun cohete
Atlas V desde
Cabo Canaveral,
Florida (
EUA), como se
recolle na fotografía superior. O
Curiosity, de cinco veces o tamaño do
todoterreo Opportunity que na actualidade funciona en Marte, parécese a un
coche pequeno e estraño con seis rodas pequenas, un mastro cunha cámara a modo de cabeza, un machucador de rocha, un longo brazo robótico e unha fonte enerxética de plutonio. Está programado que o
Curiosity aterre sobre Marte o vinteiro agosto e comece una misión de dous anos para explorar o
cráter Gale, para axudar a determinar se Marte podería ter
mantido vida algunha vez, e axudar a determinar como
poderían os humanos visitar un día o
veciño planetario da Terra.
Texto orixinal no APOD.