A pantasma da labarada de Cepheus

Créditos da imaxe e Copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Universidade de Arizona

Explicación: formas arrepiantes semellan roldar esta extensión estrelada, cruzando á deriva a noite na constelación real de Cepheus. Por suposto, as formas son nubes de poeira cósmica apenas visibles na feble luz reflectida das estrelas: agóchanse no bordo do complexo de nubes moleculares da labarada de Cepheus a preto de 1.200 anos luz, moi lonxe da túa propia bisbarra terrestre. Xunto ao centro da imaxe, con preto de 2 anos luz de extensión, está a pantasmal nebulosa e o relativamente illado glóbulo Bok, tamén coñecido como vdB 141 ou Sh2-136. O núcleo da nube escura da dereita está colapsando e trátase seguramente de un sistema binario nas súas etapas tempranas de formación. Así e todo, se as arrepiantes formas poideran falar, probablemente desexaríanche un feliz samaín.

Texto orixinal no APOD.