Dedos brancos de rocha en Marte

Créditos da imaxe: THEMIS, 0  equipo da Mars Odyssey, ASU, JPL, NASA

Explicación: que causou esta inusual e lixeira formación rochosa en Marte? Intrigado pola posibilidade de que poidera ser o leito dun lago seco, estudos detallados deses dedos indican agora unha posibilidade máis prosaica: cinza volcánica. O estudo da cor exacta da formación indicou a súa posible orixe volcánica. O material lixeiro semella ter sido erosionado na área circundante, o que indica que é unha substancia de moi baixa densidade. O marcado contraste entre as rochas e a area de arredor provócao a inusual escuridade da area. A fotografía superior foi tomada co Thermal Emission Imaging System (sistema de captura de imaxes por emisión térmica) da sonda espacial Mars Odyssey, actualmente orbitando Marte. A imaxe esténdese preto de 10 kilómetros no interior dun gran cráter.

Texto orixinal no APOD.