IC 1805: a Nebulosa Corazón en HDR


Créditos da imaxe e copyright: Daniel Verloop (Beursacademie)
Explicación: que impulsa a Nebulosa do Corazón? A gran nebulosa de emisión denominada IC 1805 parece, en conxunto, como un corazón humano. A nebulosa brilla intensamente en luz vermella emitida polo seu elemento máis destacado: hidróxeno. O brillo vermello e a forma máis grande son creados por un pequeno grupo de estrelas preto do centro da nebulosa. Un primeiro plano en high dynamic range (HDR ou alto rango dinámico) abarcando uns 30 anos luz que contén moitas destas estrelas amósase arriba. Este cúmulo aberto de estrelas contén unha poucas estrelas brillantes con preto de 50 veces a masa do noso Sol, moitas estrelas febles con só unha fracción da masa do noso Sol e un micro-cuásar ausente que foi expulsado hai millóns de anos. A Nebulosa Corazón está situada a uns 7.500 anos luz de distancia cara a constelación de Casiopea.

Texto orixinal no APOD.