HH-222: a nebulosa da fervenza

Créditos da imaxe: Z. Levay (STScI/AURA/NASA), T.A. Rector (U. Alaska Anchorage) & H. Schweiker (NOAO/AURA/NSF), KPNO, NOAO

Explicación: que foi o que creou a Nebulosa da Fervenza? Ninguén o sabe. A estrutura ollada na rexión de NGC 1999, no gran complexo da nube molecular de Orión, é unha das máis misteriosas estruturas atopadas no ceo. Identificada como HH-222, o fluxo gasoso alongado esténdese preto de dez anos luz e emite unha variedade inusual de cores. Unha das hipóteses é que o filamento gasoso é o resultado do vento procedente dunha estrela nova impactando preto dunha nube molecular. Iso non explicaría, porén, por que a fervenza e as máis débiles correntes semellan converxer nunha inusual fonte de radio non térmica localizada na parte superior esquerda da estrutura curva. Outra hipótese é que a inusual fonte de radio orixínase nun sistema binario que contén unha anana branca quente, unha estrela de neutróns, ou un burato negro, e a frevenza é precisamente un chorro procedente dese enerxético sistema. Tales sistemas, con todo, son típicamente fortes emisores de raios-X, e raios-X non se detectaron. Por agora o caso segue sen resolverse. Tal vez unhas futuras observacións mellor escollidas e un razoamento deductivo intelixente poderá revelar a orixe deste enigmático mechón no futuro.

Texto orixinal no APOD.