As nubes de Xúpiter dende Novos Horizontes


Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U. APL, SWRI

Explicación: a sonda New Horizons (n. do t.: Novos Horizontes) tirou abraiantes fotografías durante o seu camiño cara Plutón. Famoso pola súa gran mancha vermella, Xúpiter é coñecido polas súas nubes ecuatoriais regulares, visibles incluso dende telescopios de tamaño modesto. A imaxe superior, comprimida horizontalmente, foi tomada en 2007 preto do terminador de Xúpiter e mostra a grande diversidade de patróns de nubes do xigante xoviano. Lonxe á esquerda están as nubes máis pretas ao Polo Sur de Xúpiter. Aí, nunha rexión escura que rodea ao planeta chamada cinto, óllanse os turbulentos remuíños e reviravoltas. Incluso as rexións de luz máis coloreadas, chamadas zonas, mostran estructuras tremendas, enchidas de patróns de onda complexa. A enerxía que provoca esas ondas vén con toda seguridade de abaixo. New Horizons, a máis rápida sonda xamais lanzada, xa pasou as órbitas de Saturno e Urano e está por chegar a Plutón en 2015.

Texto orixinal no APOD.