Xúpiter, preto e en oposición

Créditos da imaxe e Copyright: S2P/IMCCE/Obs. Midi Pyrénées, Jean-Luc Dauvergne, Francois Cola.

Explanation: o 29 de outubro (TU), Xúpiter, o planeta máis grande do sistema solar, estará en oposición, oposto ao Sol no ceo da Terra, resplandecendo brillante e saíndo xusto no solpor. Tal configuación prodúcese case cando ten lugar a maior aproximación anual, de xeito que nesa cercanía o xigante gasoso ofrece aos telescopios terrícolas abraiantes vistas da súa tormentosa atmosfera en bandas, e a súas grandes lúas galileanas. Esta clara instantánea de Xúpiter foi tirada o 13 de outubro co telescopio de un metro do observatorio do monte Pic Du Midi, nos Pirineos franceses. O norte está enriba na imaxe que mostra os vórtices ovoides e o planeta anelado por escuros cintos e zonas brillantes. Tamén pode ollarse con especial detalle o xeado Ganímedes xupiteriano, a maior lúa do sistema Solar, emerxendo, enriba da fotografía, de detrás do planeta, mentres o volcánico Ío entra no cadro pola marxe inferior esquerda.

Texto orixinal no APOD.