As nubes de Perseo


Créditos e Copyrightdatos da imaxe – Bob CatonAl HowardEric ZbindenRogelio Bernal Andreo; procesado – Rogelio Bernal Andreo
Explicación: as nubes cósmicas de gas e po amoréanse ao través desta magnífica panorámica, que abarca uns 17 graos predo do límite meridional da heroica constelación de Perseo. A paisaxe celeste colaborativa comeza coas estrelas azuladas de Perseo á esquerda, pero o ollo vaise á abraiante e vermella NGC 1499. Tamén denominada como Nebulosa California, o seu brillo característico de gas hidróxeno atómico é alimentado pola luz ultravioleta da luminosa estrela azulXi Persei, inmediatamente á dereita da nebulosa. Máis lonxe, o engaiolante cúmulo de estrelas novas IC 348 e a veciña Nebulosa da Pantasma Voadora están á dereita do centro. Conectadas por volutas escuras e poeirentas no alfoz dunha nube molecular xigante, outra rexión de formación estelar activa, NGC 1333, ubícase preto do bordo superior dereito do amplo campo de vista.Cun brillo feble, as nubes de po que se espallan por toda a escena estar a soster centenares de anus luz de plano galáctico e luz estelar reflectida desde a Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.