As colas do cometa Garradd

 
Créditos da imaxe e copyrightGregg Ruppel
Explicación: un bo obxectivo para binoculares e telescopios pequenos, o Cometa Garradd (C/2009 P1) brilla agora nos ceos nocturnos do planeta Terra, de xeito estable pero xusto por baixo da visibilidade a ollo nu. As imaxes telescópicas como esta composición do 15 de outubro poden atopar o cometa cunha encantadora coma verde, que loce múltiples colas, e persistente contra un fondo de estrelas tenues. O campo de visión abarca máis ou menos 1 grao ou unhas 2 lúas cheas nos límites meridionais da constelación de Hércules. Ao redor agora duns 16 minutos luz de distancia (2 unidades astronómicas), o P1 Garradd e un cometa intrinsecamente grande, pero nunca realizará un achegamento próximo á Terra ou o Sol mentres varre ao través do sistema solar interior. Como resultado, o cometa probablemente se manteña só ao alcance da visión por telescopio, movéndose lentamentetao través do ceo e ficando en Hércules durante os vindeiros meses..

Texto orixinal no APOD.