Meteoros das Dracónidas sobre España

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyrightJuan Carlos Casado (TWAN)

Explicación: que son esas raias no ceo? Son meteoros da chuvia meteórica das Dracónidas que acadaron o seu máximo a comezos deste mes. A imaxe composta superior captou numerosas raias de meteoros durante 90 minutos sobre as ruínas celtas de Capote na provincia de Badajoz (España). As partículas que provocaron estes meteoros eran normalmente do tamaño dun croio e foron expulsadas hai moito tempo desde o núcleo do cometa 21P/Giacobini-Zinner. Da maioría dos meteoros de enriba pode rastrearse a súa orixe ata un radiante único que emana desde a constelación do Dragón (Draco). Os informes da chuvia de meteoros deste ano indican que as Dracónidas foron excepcionalmente boas cunha actividade concentrada ao redor das 8 p. m. TU do 8 de outubro. As  chuvias de meteoros das Dracónicas de maior intensidade da historia recente aconteceron en 1933 e 1946, cando miles de meteoros por hora foron rexistrados mentres a Terra sucaba ao través da corrente particularmente densa de restos cometarios. Aínda que as Dracónicas ocorren cada outubro, normalmente é difícil coñecer como será de activa a chuvia de meteoros de cada ano.

Texto orixinal no APOD.