Filme: chegando á velocidade da luz


Créditos da imaxe e copyright: Antony Searle e Craig Savage (ANU)
Explicación: a que se parecería viaxar preto da velocidade da luz? Aparecerían efectos visuais estraños como os documentados na animación superior exactamente relativista. O primeiro de todo, a aberración relativista provocaría que os obxectos pareceran xuntarse diante túa. Despois, o efecto Doppler faría que as cores do obxectos de diante variaran cara o azul, mentres que as cousas detrás túa cambiaría cara o vermello. De xeito semellante, o mundo diante túa parecería moverse estrañamente rápido, mentres o mundo por tras túa parecería frearse. Os obxectos das beiras aparecerán xirados, posiblemente permitindo que as superficies normalmente agochadas se fixesen visibles. Por suposto, como o movemento constante é relativo, os mesmos efectos ocorrerían se foses ti quen ficase estacionario e o mundo completo avanzara cara ti.

Texto orixinal no APOD.