MACS 1206: un cúmulo galáctico que actúa como lente gravitacional

 

Créditos da imaxe: NASA, ESA, M. Postman (STScI), e o CLASH Team

Explicación: é difícil agochar unha galaxia detrás dun cúmulo galáctico. A gravidade do cercano cúmulo actuará como unha lente xigante, tirando cara ós seus lados imaxes deformadas da distante galaxia. Ese é, precisamente, o caso observado na imaxe superior, recentemente feita pública por unha medición do CLASH xunto co Telescopio Espacial Hubble. O cúmulo MACS J1206.2-0847 está composto por un gran número de galaxias e a imaxe procedente da lente é a galaxia amarelo-vermella visible no gran arco da dereita. Unha coidadosa inspección da imaxe revelará algunhas outras galaxias reflectidas pola lente (moitas aparecen como mechas alongadas). O cúmulo do primeiro plano soamente pode provocar eses suaves arcos se a maior parte da súa masa está distribuída en forma de materia escura (e polo tanto non concentrada no cúmulo visible de galaxias). A análise deses arcos gravitacionáis outorga aos astrónomos un método para estimar a distribución da materia escura nos cúmulos e inferir cando eses grandes conglomerados galácticos se comezaron a formar.

Texto orixinal no APOD.