Un pintoresco tránsito de Venus

Créditos da imaxe e copyright: David Cortner

Explicación: os pouco comúns tránsitos de Venus a través do Sol en 2004 son uns dos eventos mellor fotografados na historia da esculca dos ceos. Sexan científicas ou artísticas, abundan imaxes dende as áreas nas cales se puido ollar o tránsito: Europa e a maior parte de Asia, África e Norteamérica. Dende o punto de vista científico, as fotografías solares confirman que o efecto de gota negra está máis relacionado coa claridade da que dispoña a cámara que coa atmósfera de Venus. Dende o punto de vista artístico, as imaxes poden dividirse en varias categorías. Un tipo mostra o tránsito fronte a un Sol a alta resolución. Otra categoría inclúe a silueta simultánea da dobre coincidencia entre Venus e un avión, ou Venus e a Estación Espacial Internacional en órbita baixa. Un terceiro tipo de imaxes inclúen unha coincidencia fortuíta de nubes interesantes, tal e como poden ollarse na imaxe superior tirada dende Carolina do Norte, USA. O seguinte tránsito de Venus sobre o Sol será en xuño de 2012.

Texto orixinal no APOD.