NGC 4565: unha galaxia de canto

 

Créditos da imaxe e copyright: Bob Franke

Explicación: a espléndida galaxia en espiral NGC 4565 óllase de canto dende o planeta Terra.

Coñecida tamén como Galaxia Agulla polo seu estreito e brillante perfil, NGC 4565 é unha parada obrigada en moitos tours telescópicos polo hemisferio norte, na tenue pero ben feitiña constelación de Coma Berenices. Esta afiada e colorida imaxe mostra o bulbo central do corazón da galaxia atravesado por carreiros de pó escuros que envolven o delgado plano galáctico da NGC 4565. Neste fermoso campo de visión inclúese unha variedade de galaxias ao fondo, como a galaxia veciña NGC 4562, abaixo á dereita. NGC 4565 dista preto de 40 millóns de anos luz e abrangue uns 100.000 anos luz. Fácilmente localizable con telescopios pequenos, os entusiastas do ceo consideran que NGC 4565 é unha obra mestra celeste esquecida por Messier.

Texto orixinal no APOD.