Ronseis estelares do MAGIC

 
Créditos da imaxe e copyrightBabak Tafreshi (TWAN)
Explicación: arcos de  ronseis estelares atravesan a noite nesta paisaxe surrealista en time-lapse desde o Observatorio do Roque de los Muchachos na illa canaria de La Palma. Un reflexo da rotación diaria da Terra sobre o seu eixe, os ronseis das estrelas tamén se reflicten nun dos dous telescopios MAGIC multi-espello de 17 metros de diámetro. O  propio telescopio  MAGIC (Major Atmospheric Gamma Imaging Cherenkov) está pensado para detectar raios gamma; fotóns cuns 100 mil millóns de veces a enerxía da luz visible. Cando os raios gamma de alta enerxía impactan na atmósfera superior producen lluvias de partículas de altas enerxías. Unha cámara que controla a superficie multi-espello grava polo miúdo breves flashes de luz óptica, denominados radiación Cherenkov, creatos pola lluvia de partículas. Os astrónomos poden entón relacionar ao final os flashes ópticos coas fontes cósmicas de raios gamma extremos.

Texto orixinal no APOD.