Saturno: sombras dun reloxo de sol estacional

 
Créditos da imaxe: Cassini Imaging TeamISSJPLESANASA
Explicación: os aneis de Saturno forman un dos reloxos de sol máis grandes coñecidos. Porén, este reloxo de sol só determina a estación de Saturno, non a hora do día. En 2009, durante o equinoccio de Saturno, os finos aneis de Saturno case non proxectaron sombras sobre Saturno, xa que o plano anular apuntaba directamente car ao Sol. Emporiso, mentres Saturno continuaba na súa órbita ao redor do Sol as sombras dos aneis se foron facendo cada vez máis amplos e proxectados máis ao sur. Estas sombras non son visibles facilmente desde a Terra porque deste o noso punto de vista privilexiado preto do Sol, os aneis sempre bloquean as sombras. A imaxe superior foi tomada en agosto pola sonda espacial robótica Cassini actualmente orbitando a Saturno. Os propios aneis aparecen como unha barra vertical á dereita da imaxe. O Sol, lonxe no extremos superior dereito, brilla ao través dos aneis e proxecta complexas sombras engaiolantes sobre o sur de Saturno, á esquerda da imaxe. Cassini está a explorar Saturno, os seus aneis e as súas lúas desde 2004, e agárdase que continúe ata ao menos cando a elongación máxima das sombras de Saturno ocorra en 2017.

Texto orixinal no APOD.