NGC 7635: a Nebulosa da Burbulla

Créditos da imaxe e copyright: Larry Van Vleet
Explicación: é a burbulla contra a nube. NGC 7635, a Nebulosa da Burbulla, está a ser botada fóra polo vento estelar da estrela central masiva BD+602522. Aínda que, ao carón, vive unha nube molecular xigante, visible á dereita. Neste lugar do espazo, unha forza irresistible atópase cun obxecto inamovible dun xeito interesante. A nube é quen de conter a expansión do gas da burbulla, pero é golpeada pola radiación quente desde a estrela central da burbulla. A radiación quece as rexións densas da nube molecular facéndoa brillar. A Nebulosa da Burbullafotografada arriba en cores trazadas cientificamente para sacar o contraste, ten uns 10 anos luz de diámetro e parte dun complexo moito máis grande de estrelas e capas. A Nebulosa da Burbulla pode verse cun pequeno telescopio cara a constelación da Raíña de Etiopía (Casiopea).

Texto orixinal no APOD.