Nobeles para un estraño universo

 

Créditos da imaxe: High-Z Supernova Search Team, HST, NASA

Explicación: hai trece anos que por primeira vez se presentaron os resultados que indicaban que a maior parte da enerxía do universo non está nas galaxias ou as estrelas, senón que está vinculado ao espazo mesmo. Na linguaxe dos cosmólogos, unha gran constante cosmolóxica está directamente implicada polas novas observacións de supernovas afastadas. Os indicios dunha constante cosmolóxica (lambda) non son novos — existiron dende o advenimento da moderna cosmoloxía relativista. Pero tales afirmacións non foron, porén, habitualmente moi populares entre os astrónomos, porque lambda é moi distinto dos compoñentes coñecidos do universo, porque o valor de lambda aparece limitado por outras observacións e porque cosmoloxías menos estrañas que non contemplan lambda ofrecen de seu boas explicacións dos datos. O notable neste caso é o método aparentemente fiable e directo de todas as observacións e a boa reputación dos científicos de dirixiron as investigacións. Pasados trece anos, equipos independentes de astrónomos continuaron acumulando datos que semellan confirmar a existencia de enerxía escura e o inquedante resultado dun universo actualmente en aceleración. Este ano, os directores do equipo foron galardoados co premio Nobel de física polo seu traballo. A fotografía superior, que mostra unha supernova ocorrida en 1994 nas aforas dunha galaxia en espiral foi tirada por unha desas colaboracións.

Texto orixinal no APOD.