O primeiro día da Messenger

 

Créditos: NASA/JHU APL/CIW

Explicación: un día solar nun planeta é a duración do tempo que hai entre un mediodía e o seguinte. Un día solar dura 24 horas no planeta Terra. En Mercurio un día solar dura 176 días terrestres. E a sonda Messenger, orbitando durante o seu primeiro día solar en Mercurio, tomou imaxes de preto da superficie toda do planeta máis interior para xerar un mapa global con unha resolución de 250 metros por píxel monocromo e 1 kilómetro de resolución por píxel a cor. Móstranse exemplares dos mapas, que son mosaicos feitos a partir de centos de imaxes tiradas baixo condicións de luz uniformes, ambos os dous centrados no meridiano 75º, lonxitude este (o monocromo é o da esquerda). É probable que o segundo día solar mercurial da Messenger inclúa máis observacións específicas en alta resolución da superficie do planeta.

(Nota do editor: pola resonancia de xiro 3:2 de Mercurio, un día solar de Mercurio equivale a dos anos mercuriales.)

Texto orixinal no APOD.