O cometa Hartley 2 navega


Créditos da imaxe e copyrightRolando Ligustri (CARA ProjectCAST)
Explicación: Ea primeiros do pasado novembro, o pequeno pero activo Cometa Hartley 2 (103/P Hartley) convertiuse no quinto cometa fotografado de preto por unha nave espacial do planeta Terra. Navegando ao través do sistema solar cun  periodo orbital de 6 anos, Hartley 2 está a facer titulares astronómicos de novo, porén. As medidas do novo Telescopio Espacial Herschel indican que a auga atopada na fina atmosfera deste cometa ou coma ten a mesma ratio do isótopo de hidróxeno deuterio (na auga pesada) como os océanos do noso fermoso planeta Terra. O Hartley 2 orixinouse no  afastado Cinto de Kuiper, a zona máis alá da órbita de Neptuno que é unha reserva poderían traernos cantidades significativas de auga a unha Terra primitiva. O Cometa Hartley 2 aparece nesta paisaxe espacial estrelada lucindo unha atraínte coma verdella, captada en decembro de 2010 navegando precisamente ao través da constelación náutica Puppis. Por baixo do cometa están os cúmulos estelares abertos M47 (dereita) e M46 (esquerda).

Texto orixinal no APOD.