Créditos da imaxe e copyright: Dietmar Hager, Torsten GrossmannExplicación: tamén coñecida como a Galaxia do Cigarro pola súa aparencia visual alongada,
M82 é unha galaxia de estalido estelar (
starburst) cun súper-vento.
De feito, ao través das conseguintes explosións de supernovas e os potentes ventos das estrelas masivas, o estalido de formación estelar en M82 dirixe o enorme fluxo de material ao exterior. A
proba do súper-vento desde as zonas centrais da galaxia está clara
nesta definida imaxe composta, baseada nos datos de telescopios pequenos
do planeta Terra. A composición salienta a emisión de tons vermellos desde os filamentos do gas de hidróxeno atómico. Os filamentos esténdense por uns 10.000 anos luz. Parte do gas do súper-vento, enriquecido con elementos pesados
forxados nas estrelas masivas, fuxirá finalmente ao espazo intergaláctico. O furioso estalido de formación estelar en M82, desencadeado por un encontro próximo coa
cercana e gran galaxia M81, debería durar uns 100 millóns de anos máis ou menos. M82 está a 12 millóns de anos luz de distancia, preto do límite setentrional de
Ursa Major (a Osa Maior).
Texto orixinal no APOD.