Créditos da imaxe: SOHO, SDO, NASA, ESAExplicación: foi un cometa somerxido no Sol a causa dunha explosión solar? Probablemente non. Esta fin de semana pasada un
cometa descendeu en picado cara o Sol e foi seguido moi rapidamente por unha
Exección de Masa Coronal (CME, das súas siglas en inglés) desde a outra cara do Sol. As primeiras dúas secuencias do
vídeo superior amosa o espectacular desenvolvemento de eventos tal e como o viu o
satélite SOHO que orbita o Sol, mentres os mesmos eventos
tamén foron
recollidos polos dous
sátelites STEREO en órbita solar. Agora, os cometas
que rozan o Sol que se fan anacos mentres pasan preto del non son tan raros; catalogáronse
centenares durante os últimos anos. As
CME son incluso máis comúns, con quizais tres eventos menores que ocorreron durante as oito horas da película en
time-lapse superior. Polo tanto, a
mellor aposta dos científicos solares é que os dous acontecementos non estiveron
relacionados. Outra base para esta opinión e que as CME foron provocadas polos cambios rápidos do campo magnético do Sol, cambios que un
cometa pequeno parece improbable que realice. Tales
coincidencias son incluso máis probables durante periodos de actividade elevada na superficie solar; como
agora.
Texto orixinal no APOD.