Códigos QR: non aptos para ollos humanos


Créditos da imaxe: Kaywa QR Code Generator (de balde)
Explicación: esta comunicación non significa nada aos ollos humanos. Incluso non tería significado para ollos extraterrestres. Trátase dun intento de comunicar directamente co teu smartphone (N.T.: teléfono intelixente). As cámaras de moitos teléfonos intelixentes poden fotografar o código Quick Response (QR) (Resposta Rápida) superior e, despois, aplicacións comúns poden dicirche o que significa. Ás veces o código descifrado revela o enderezo dunha páxina web, provocando que o teléfono che pregunte se queres acceder a este enderezo para aprender máis sobre o obxecto. Os códigos QR son os equivalentes bidimensionais aos códigos de barras que se poden escanear en calquera orientación e toleran varias clases de erros. Estes códigos están a ser empregados cada vez máis como portas entre obxectos reais e información baseada na rede sobre eses obxectos, e por iso están a aparecer de súpeto cada vez máis en lugares insospeitados. Calquera pode crear un código QR desde algún dos diversos  servizos  en liña de balde, imprimilo e fixalo a un obxecto. Aínda que non vallan para comunicarse cos estraterrestres, os códigos QR empregan varias características comúns dos famosos intentos de comunicación alieníxena. Es quen ti, ou o teu teléfono intelixente, de adivinar o que significa o código QR superior?

Texto orixinal no APOD.