Película sobre a materia escura procedente da simulación Bolshoi


Créditos do Vídeo: A. Klypin (NMSU), J. Primack (UCSC) et al., Chris Henze (NASA Ames), NASA’s Pleiades Supercomputer
Música (© 2002): Her Knees Deep in Your Mind de Ray Lynch

Explicación:  que pasaría se poideses voar polo universo e ollar a materia escura? Mentres a tecnoloxía para voar continúa a ser desenvolvida, a tecnoloxía para visualizar un voo deu un paso cara adiante grazas a conclusión da Bolshoi Cosmological Simulation [Simulación Cosmolóxica Bolshoi]. Após 6 millóns de horas de CPU, o séptimo computador máis rápido do mundo ofrece moitas novidades científicas, incluíndo a simulación de voo de enriba. Comezando pola distribución relativamente suave da materia escura do universo temprano, discriminando a radiación de fondo de microondas e outros conxuntos de grandes datos do ceo, Bolshoi segue a pista da evolución do universo ata a época presente tal e como se mostra enriba, dada a concordancia da cosmoloxía estándar. As manchas brillantes do vídeo superior son os nós da normalmente invisible materia escura, moita da cal contén galaxias normais. Os longos filamentos e os cúmulos de galaxias, dominados todos gravitacionalmente pola materia escura, resultan evidentes. A comparación estatística entre o Bolshoi e os actuais mapas do ceo mostran unha boa concordancia. Aínda que a simulación Bolshoi reforza a idea da existencia da materia escura, quedan moitas cuestións por resolver acerca do universo, incluída a composición da materia escura, a natureza da enerxía escura e como se produciu a primeira xeración de estrelas e galaxias.

Texto orixinal no APOD.