Tunguska: o maior evento de impacto recente


 

Créditos da imaxe: Leo, na nid Kulik, na  Wikipedia

Explicación: si, pero pode o teu meteoro facer isto? A explosión natural máis poderosa da historia recente da Terra ocurriu o 30 de xuño de 1908 cando un meteoro estoupou sobre o río Tunguska, en Siberia, Rusia. Detonando cunha potencia estimada 1.000 veces maior que a bomba atómica lanzada sobre Hiroshima, o evento Tunguska aplanou as árbores en 40 kilómetros á redonda e sacudiu a terra cun enorme terremoto. Os relatos das testemuñas oculares son sorprendentes. A ilustración de enriba foi tomada por unha expedición rusa ao lugar de Tunguska preto de 20 anos máis tarde do evento, atopando as árbores espalladas polo chan como mondadentes. As estimacións do tamaño do obxecto van de 60 a 1.000 metros de diámetro. Evidencias recentes suxiren que o cercano lago Cheko podería incluso ter sido creado polo impacto. Se ben un meteoro do tamaño do de Tunguska podería arrasar unha cidade, as áreas metropolitanas ocupan unha fracción tan pequena de superficie terrestre que o impacto directo nunha delas sería pouco probable. O mais probable sería un impacto na auga cercana a unha cidade que provocara un perigoso tsunami. Un dos obxectivos da astronomía moderna é  atopar obxectos do Sistema Solar capaces de provocar tal devastación antes de que impacten na Terra.

Texto orixinal no APOD.