Asteroides próximos á Terra

 
Créditos da ilustración: NASAJPL-CaltechWISE
Explicación: aínda que os tamaños non están a escala, o Sol e os planetas do Sistema Solar interior amósanse nesta ilustración, na que cada punto vermello representa un asteroide. Os novos resultados do NEOWISE, a caza de asteroides en infravermellos que forma parte da misión WISE, aparecen á esquerda comparados coas vellas proxeccións da poboación dos asteroides cercanos á Terra de tamaño mediano ou máis grandes a partires de sondaxes en lonxitudes de onda visibles. E as boas noticias son que as observacións do NEOWISE estiman que hai un 40 por cento de asteroides cercanos á Terra menos dos que son maiores de 100 metros (33o pés), que os indicados nas buscas en luz visible. Baseado no fotografado en infravermellos, os resultados do NEOWISE son tamén máis precisos. Os asteroides do mesmo tamaño, quecidos polo Sol, irradian a mesma cantidade de luz infravermella, pero poden reflectir cantidades moi diferentes de luz visible dependendo do cómo sexan a súas superficies de brillantes, ou o seu albedo superficial. Ese efecto pode influír as exploracións baseadas en observacións ópticas. Os resultados do NEOWISE reducen o número estimado de asteroides cercanos á Terra de tamaño medio desde uns 35.000 a 19.500, pero a maioría aínda fica sen descubrir.

Texto orixinal no APOD.