Noite nubrada con luces do norte

Créditos da imaxe e copyrightFredrick Broms (Northern Lights Photography)

Explicación: o 26 de setembro, unha gran exección de masa coronal solar bateu na magnetosfera do planeta Terra creando unha tormenta xeomagnética forte e auroras amplamente difundidas. Captada aquí preto da medianoite local desde a illa Kvaløya nas aforas de Tromsø, ao norte de Noruega, o intenso brillo da aurora viuse enmarcado polas abertura nas nubes de chuvia. Tinguidas de laranxa, as nubes tamén están perfiladas mentres os cumios das escintilantes e coloridas cortinas de luces do norte esténdense máis alá dos 100 quilómetros sobre o chan. Aínda que os raios aurorais son paralelos, a perspectiva fai que parezan radiar desde un punto de fuga no cénit. Preto do fondo da escena, un cúmulo aínda máis distante das Pléiades e o brillante planeta Xúpiter destacan nesta noite setentrional nubrada.

Texto orixinal no APOD.