Campo amplo da Nebulosa do Casulo

 
Créditos da imaxe e copyrightTony Hallas
Explicación: neste campo estelar cheo que abarca uns 3 graos dentro da constelación de altos voos Cygnus (O Cisne), a atención do ollo é chamada pola Nebulosa do Casulo. O Casulo cósmico, unha rexión de formación estelar compacta, salpica unha longa estela de nubes escuras de po interestelar. Catalogada coma IC 5146, a nebulosa ten aproximadamente 15 anos luz de anchura, localizada a uns 4.000 anos luz de distancia. Coma outras rexións de formación estelar, destaca o gas hidróxeno vermello e brillante, excitado polas estrelas quentes, novas e azuis, a luz estelar reflectida polo po no límite da nube molecular, doutro xeito invisible. De feito, a brillante estrela preto do centro desta nebulosa probablemente ten só uns poucos centos de miles de anos de idade, impulsando o brillo nebular mentres baleira unha cavidade no po e gas da nube molecular que forman a estrela. Pero os longos filamentos poeirentos que aparecen escuros nesta imaxe de luz visible están agochando, eles memos, estrelas en proceso de información, tal e como se ve en lonxitudes de onda infravermellas.

Texto orixinal no APOD.

N.T.: o Casulo responde a voz inglesa Cocoon, para os que esteades máis afeito á denominación sen traducir.