O violento grupo de manchas solares AR 1302 libera unha labarada

Créditos da imaxe: jp-Brahic
Explicación: un dos grupos de manchas solares máis activos en anos está cruzando actualmente o Sol. AR 1302 por primeira vez pasou ao redor do limbo solar a pasada semana e é tan grande que pode verse sen telescopio. As Execcións de Masa Coronal desde AR 1302 xa causaron fortes tormentas xeomagnéticas, incluíndo unha notable actividade auroral ao redor de ámbolos dous polos da Terra. Na fotografía superior, o plasma ficou pendurado magneticamente sobre a superficie do Sol despois de que AR 1302 emitira unha labarada solar de clase-X o pasado xoves. A Terra debúxase no recadro para unha comparación de tamaños. Aínda que outra labarada de clase-X foi emitida o sábado, non houbo ningunha que apuntara directamente á Terra desde AR 1302, aínda. O grupo de manchas solares AR 1302 continuará evolucionando pero posiblemente continúe visible no Sol durante a vindeira semana.

Texto orixinal no APOD.

NOTA: non miredes ao Sol directamente nunca. Máis info nos comentarios!

3 reflexións sobre “O violento grupo de manchas solares AR 1302 libera unha labarada

  1. Ollar directamente ao Sol é perigosísimo. A simple vista, como simplemente nos molesta, pois xa non o facemos. O problema é se empregamos algún tipo de instrumento óptico como prismáticos ou telescopios (incluso os de xoguete) para apuntar ao Sol, pois nese caso os danos nos ollos poden ser inmediatos e irreparables, dada a potencia e intensidade do Sol. Para miras estas manchas solares que indican no texto deberemos usar métodos indirectos. Cuns prismáticos, proxectamos a imaxe do Sol nunha pantalla branca (vale unha folla) ou nunha parede branca.

    Incluso, estes día de nubes no ceo ás veces a luz do Sol ten a súa luz filtrada e percébese claramente o disco solar. Hai quen di que en tempos, os astrónomos chineses puideron ver así xa as primeiras manchas solares das que hai constancia. Tamén podedes probar.

  2. Qué sabemos sobre os efectos perniciosos do Sol sobre os ollos na historia da astronomía?

    Creo lembrar que Newton quedou medio cego durante un tempo, sendo neno, por mirar ao Sol directamente. Alguén sabe algo deso?

    • De Newton non sei… pero heino de mirar. Si se fala de Galileo, que motreu cego. E, de seguro, as moias veces que mirou ao Sol co seu telescopio (apenas 8-20 aumentos, segundo o modelo, pero de moi pequeno campo, algo ou moito influiu.

Os comentarios están pechados.