O violento grupo de manchas solares AR 1302 libera unha labarada

Créditos da imaxe: jp-Brahic
Explicación: un dos grupos de manchas solares máis activos en anos está cruzando actualmente o Sol. AR 1302 por primeira vez pasou ao redor do limbo solar a pasada semana e é tan grande que pode verse sen telescopio. As Execcións de Masa Coronal desde AR 1302 xa causaron fortes tormentas xeomagnéticas, incluíndo unha notable actividade auroral ao redor de ámbolos dous polos da Terra. Na fotografía superior, o plasma ficou pendurado magneticamente sobre a superficie do Sol despois de que AR 1302 emitira unha labarada solar de clase-X o pasado xoves. A Terra debúxase no recadro para unha comparación de tamaños. Aínda que outra labarada de clase-X foi emitida o sábado, non houbo ningunha que apuntara directamente á Terra desde AR 1302, aínda. O grupo de manchas solares AR 1302 continuará evolucionando pero posiblemente continúe visible no Sol durante a vindeira semana.

Texto orixinal no APOD.

NOTA: non miredes ao Sol directamente nunca. Máis info nos comentarios!