Créditos da imaxe: NASA; agradecementos: Infinity Imagined
Explicación: soñaches algunha vez con voar ben alto sobre a Terra? Os astronautas que visitan a
Estación Espacial Internacional (ISS) fano todos os días, danto voltas sen descanso ao redor do noso planeta dúas veces cada tres horas. Un exemplo espectacular da súa vista compilouse no
vídeo superio en time-lapse a partires de imaxes realizadas a comezos deste mes. Mentres a ISS acelera pola metade
nocturna do globo, constelacións de estrelas familiares fican visibles por riba. Un
neboeiro de aerosol da
fina atmosfera da Terra é visible no horizonte coma un anel multicor. Moitas
marabillas pasan a fume de carozo por baixo, incluíndo enormes bancos de nubes brancas, grandes extensións do fondo mar azul, terreos alumeados polas luces de grandes cidades e pequenas vilas e nubes de tormenta relucindo cos
lóstregos. O
vídeo comeza
sobre o Océano Pacífico setentrional e despois pasa desde o oeste de
Norteamérica ao oeste de Sudamérica, rematando preto da
Antártida mentres a luz do día chega finalmente.
Texto orixinal no APOD.
Hola, precioso vídeo desde la ISS. La noche y las brasas. Las tormentas y al final…el amanecer…siempre una nueva oportunidad. Gira el mundo gira, en el espacio infinito. Y para mayor ilustración esta romántica y antigua canción. Besos y hasta la próxima
P.D.- En el enlace -vídeo- se puede ver en alta definición, todavía más estupendo.
Gústache ou non?:
0
0