Pozos de xeo seco en Marte

Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA

Explicación: Parte de Marte está desconxelándose. Ao redor do Polo Sur de Marte, cara o final de cada verán marciano, o clima quente provoca que se evapore unha sección da enorme capa de dióxido de carbono. Os pozos comenzan a aparecer e se expandir alí onde o xeo seco de dióxido de carbono sublímase directamente en gas. As capas de xeo dos pozos semellan estar recestidas de ouro, pero a composición exacta do po que resalta as paredes do pozo é, en realidade, ainda descoñecida. As depresións circulares que se ollan cara o centro da imaxe miden preto de 60 metros de diámetro. A cámara HiRISE abordo da sonda Mars Reconnaissance Orbiter, en órbita marciana, captou a imaxe superior o pasado xullo. Nos vindeiros meses, mentres Marte continúa a súa viaxe arredor do Sol, prevalecerán as estacións frías, a con elas o escaso aire frío será non só quen de deter o desxeo, senon de conxelar de novo máis capas de dióxido de carbono sólido.

Texto orixinal no APOD.