Unha onda de choque dun gran tsunami no Sol

Créditos da imaxe: NSO/AURA/NSFUSAF Research Laboratory

Explicación: estes grandes tsunamis non suceden na Terra. Durante 2006 unha gran explosión solar a partir dunha mancha solar do tamaño da Terra produciu unha onda de choque como un tsunami que resultou espectacular incluso para o Sol. Ilustrada enriba, a onda tsunami foi capturada saíndo da activa rexión AR 10930 polo telescopio da Optical Solar Patrol Network (OSPAN) en Novo México, Estados Unidos. A onda de choque resultante, coñecida técnicamente como onda de Moreton, comprimiu e quentou os gases, incluíndo o hidróxeno da fotosfera do Sol, causando un resplandor momentaneamente brillante. A imaxe superior foi tomada nunha cor vermella moi específica emitida exclusivamente por gas hidróxeno. O devastador tsunami arrincou algúns filamentos activos do Sol, se ben moitos se restableceron tempo despois. O tsunami solar estendeuse a un millón de quilómetros por hora, e deu a volta ao Sol en cuestión de minutos.

Texto orixinal no APOD.