Aurora de setembro

 
Créditos da imaxe e copyrightYuichi Takasaka / TWAN / www.blue-moon.ca
Explicación: equinoccio de setembro chega hoxe ás  09.05 UT. Mentres o Sol atravesa o ecuador celeste dirixíndose ao sur, a primavera comeza no hemisferio meridional e o outono no setentrional. E, aínda que a conexión estacional todavía é desconcertante, tanto a primavera como o outon traen un incremento das tormentas xeomagnéticas. Por iso, mentres as noites do norte medran o equinoccio tamén anuncia a chegada dunha boa estación para ollar auroras. Tomada a primeiros deste mes, estas cortinas de fulgor de luz verde de setembro espállanse por unha paixase celeste nocturna marabillosa. No primeiro plano ubícase o Parque Hidden Lake Territorial preto de Yellowknife, nos Territorios do Noroeste (Canadá). A auga queda reflicte a aurora, con brillantes trazas de estrelas albiscándose ao través do hipnotizador brillo do ceo. Naturalmente, ao brillar a altitudes de 100 quilómetros ou así, as auroras do planeta Terra son visibles desde o espazo.

Texto orixinal no APOD.