Arp 272

 
Créditos: Hubble Legacy ArchiveESANASAProcesado – Martin Pugh
Explicación: dúas grandes galaxias en colisión, unidas polos brazos espirais, amósanse neste retrato cósmico abraiante construído empregando datos de imaxes provenientes do Hubble Legacy Archive (Arquivo do Legado do Hubble). Rexistradas no Atlas de Galaxias Peculiares do astrónomo Halton Arp como Arp 272, a parella é coñecida doutro xeito como NGC 6050 preto do centro e IC 1179 na parte superior dereita. Unha terceira galaxia, probablemente tamén un membro do sistema en interacción, pode descubrirse arriba e á esquerda da espiral máis grande de NGC 6050. Atópanse a uns 450 millóns de anos luz de distancia no Cúmulo de Galaxias Hércules. A esa distancia estimada, a imaxe abarca uns 150 mile anos luz. Aínda que este escenario semella estraño, agora compréndese que as colisións galácticas e as súas fusións ocasionais son comúns, con Arp 272 representando un estadio neste proceso inevitable. De feito, sábese que a achegada e gran espiral Galaxia Andrómeda está aproximándose á nosa propia galaxia e Arp 272 pode ofrecer unha ollada a afastada no tempo colisión entre Andrómeda e a Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.