Campo profundo das Pléiades

Campo profundo das Pléiades
 
Créditos da imaxe e copyright: Stanislav Volskiy

Explicación: algunha vez ollaches o cúmulo estelar das Pléiades? Incluso se o fixeches, probablemente nunca o viches coma isto: todo cheo de po. As brillantes estrelas das Pléiades, quizais o cúmulo estelar máis famoso do ceo, poden verse sen binoculares incluso desde o máis fondo dunha cidade contaminada luminicamente. Aínda que cunha longa exposición desde unha ubicación escura, a nube de po que rodea ao cúmulo estelar das Pléiades vólvese moi evidente. A exposición superior levou unhas 30 horas e cobre unha área do ceo de varias veces o tamaño da Lúa chea. As Pléiades, tamén coñecidas como as Sete Irmás e M45, atópanse a uns 400 anos luz de distancia cara a constelación do Touro (Taurus). Unha lenda común cun toque moderno fala de que unha das estrelas máis brillantes apagouse desde que o cúmulo foi nomeado, deixando só seis estrelas visibles a ollo nu. Poren, o actual número de estrelas visibles das Pléiades pode ser maior ou menor de sete, dependendo da escuridade do ceo ao redor e a claridade da visión do observador.

Texto orixinal no APOD.

4 reflexións sobre “Campo profundo das Pléiades

  1. Están prácticamente irreconocibles. Pensaría en algún sorprendente cumulo abierto, de esos extraños y poco conocidos pero no las Pleyades. Estoy acostumbrado al grupito de estrellas azules que veo a través de los binoculares ((no tengo telescopio)) pero no con este curioso esplendor ¿y todas esas nubes que las envuelven? ¿Como hace el fotógrafo para resaltar ese detalle invisible a nuestro ojo? Por momentos me da la impresión de una pintura.

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

    • Lo fundamental para captar toda la nebulosidad es el tiempo de exposición. La CCD va sumando fotones y fotones de modo que, a lo largo del tiempo de exposición, se recibe la información suficiente. Nuestro ojo es incapaz de sumar fotones; como mucho, la pupila se dilata más y más para permitir la llegada de la escasa luz que emiten estas estrellas, pero nuestro proceso de visión no funciona como una cámara de fotos. Lo mismo valdría para entender por que en la fotografía astronómica apreciamos colores y, cuando miramos a simple vista o con telescopio, nuestros ojos no dan percibido los colores (además del proceso biológico de visión, con dos tipos de células, que ahora no me voy a extender a explicarlo).

      Un saludo.

      Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

    • Con un telescopio con buena apertura y focal baja se intuye un ligero brillo. El espacio entre las estrellas no es del todo negro. Como si se hubiese empañado el ocular por la humedad.
      Saludos.

      Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

  2. As Pléiades son un deses obxectos que no ceo semellan espectaculares. Xunto coas nubes de Magallanes, a estrela Sirio e outros moitos, de seguro que chamaron a atención dos pobos da antigüidade.

    No ano 1999 descubriuse na Alemaña o denominado “Disco de Nebra”. Parece ser unha especie de calendario astronómico onde as Pléiades teñen un protagonismo especial. Probablemente, o momento do ano en que empezaban a ollarse no ceo fosen unhas datas significativas (habería que trastear do Stellarium ou algún simulador similar para verificalo). Algo máis de información neste artigo: http://www.dw-world.de/dw/article/0,,1342926,00.html

    Tamén na Wikipedia hai un artigo bastante completo sobre o disco.

    Gústache ou non?: Thumb up 0 Thumb down 0

Os comentarios están pechados.