Campo profundo das Pléiades

Campo profundo das Pléiades
 
Créditos da imaxe e copyright: Stanislav Volskiy

Explicación: algunha vez ollaches o cúmulo estelar das Pléiades? Incluso se o fixeches, probablemente nunca o viches coma isto: todo cheo de po. As brillantes estrelas das Pléiades, quizais o cúmulo estelar máis famoso do ceo, poden verse sen binoculares incluso desde o máis fondo dunha cidade contaminada luminicamente. Aínda que cunha longa exposición desde unha ubicación escura, a nube de po que rodea ao cúmulo estelar das Pléiades vólvese moi evidente. A exposición superior levou unhas 30 horas e cobre unha área do ceo de varias veces o tamaño da Lúa chea. As Pléiades, tamén coñecidas como as Sete Irmás e M45, atópanse a uns 400 anos luz de distancia cara a constelación do Touro (Taurus). Unha lenda común cun toque moderno fala de que unha das estrelas máis brillantes apagouse desde que o cúmulo foi nomeado, deixando só seis estrelas visibles a ollo nu. Poren, o actual número de estrelas visibles das Pléiades pode ser maior ou menor de sete, dependendo da escuridade do ceo ao redor e a claridade da visión do observador.

Texto orixinal no APOD.