Kepler-16b: un planeta con dous soles

[youtube width=”640″ height=”390″ ]0MfRo0eC1ks[/youtube]
Créditos do Vídeo Ilustrado: NASAJPL-Caltech, T. Pyle; Agradecementos: djxatlanta
Explicación: se ficas esperto o suficiente podes ollar ámbolos dous soles poñerse. Así podería ser un adagio común dos seres que flotan na atmosfera de Kepler 16b, un planeta recén descuberto polo satélite espacial Kepler. O vídeo animado superior amosa como o sistema planetario podería parecer a unha nave espacial visitante. Aínda que os sistemas estelares múltiples son bastante comúns, este é o primeiro coñecido que ten un planeta. Debido a que a nosa Terra está no plano orbital das dúas estrelas e o planeta, vese a cada corpo eclipsar aos outros en momentos diferentes, producindo diminucións perceptibles na cantidade de luz que vemos. Os frecuentes eclipses proporcionaron a Kepler 16b a masa máis precisa e a mellor determinación do radio para un planeta no exterior do noso Sistema Solar. Atopar un planeta como Saturno nunha órbita como Venus (igual de preto dos seus proxenitores estelares binarios) foi unha sorpresa e seguro que se convertirá nun obxectivo de investigación.

Texto orixinal no APOD.