Orión segundo o Spitzer

Imaxe: NASA, JPL-Caltech, T. Megeath (Univ. Toledo, Ohio)

Explicación: poucas visitas cósmicas estimulan a imaxinación como a Nebulosa de Orión, unha inmensa gardería estelar a 1.500 anos luz de distancia. Esta fascinante imaxe en falsa cor, elaborada a partir de datos infravermellos do telescopio espacial Spitzer, abarca preto de 40 anos luz. Comparada coa súa versión en lonxitude de onda visible, a parte máis brillante da nebulosa está centrada nas estrelas masivas e quentes de Orión, contidas no que se coñece como cúmulo do Trapecio. Pero a imaxe infravermella detecta tamén moitas protoestrelas, aínda en proceso de formación, aquí vistas en tons vermellos. De feito, as manchas vermellas ao longo do filamento escuro e empoeirado á esquerda do cúmulo brillante inclúen a protoestrela catalogada como HOPS 68, en cuxo envoltorio protoestelar recentemente atopouse cristais del mineral de silicato olivina.

Texto orixinal no APOD.