A Lúa das Colleitas de setembro

 
Créditos da imaxe e copyrightStefano De Rosa
Explicación: unha Lúa Chea erguéndose pode ser unha visión celeste emocionante, e as Lúas Cheas poden ter moitos nomes. Por exemplo, a Lúa Chea do Luns foi unha das máis próximas ao equinoccio outonal deste ano para o hemisferio setentrional, tradicionalmente denominada a Lúa das Colleitas. De acordo coa sabedoría popular o nome é dos que cadra porque os labregos podía traballar tarde pola noite ao final da tempada da sega colleitando debido ao luar. Esta tranquila imaxe con teleobxectivo capta o mencer luar da colleita deste setembro desde Turín (Italia). Perfilado contra un disco lunar alaranxado vemos o cumio superior da Basílica de Superga de Turín.

Texto orixinal no APOD.