NGC 3521: galaxia nunha burbulla

NGC 3521: galaxia nunha burbulla 
Créditos da imaxe e copyrightR Jay Gabany (Blackbird Obs.), Colaboración: David Martinez-Delgado (MPIA, IAC), et al.
Expliación: a preciosa galaxia espiral NGC 3521 está a uns simples 35 millóns de anos luz de distancia, cara a constelación Leo. Relativamente brillante no ceo do planeta Terra, NGC 3521 é facilmente visible con pequenos telescopios pero a cotío pásase por alto polos fotógrafos afeccionados en favor doutras galaxias espirais de Leo, como M66 e M65. Aínda que é difícil deixala pasar neste retrato cósmico cheo de cor. Espallándose uns 50.000 anos luz, a galaxia loce os característicos brazos espirales irregulares e desiguais, amalloados con po, rexións de formación estelar e cúmulos de estrelas novas e azuis. Esta imaxe profunda, de forma abraiante, atopa a NGC 3521 incrustada nunha burbulla xigante en forma de cuncha. As cunchas son probablemente restos de mareas, chorros de estrelas arrincadas de galaxias satélite que sufriron fusións con NGC 3521 no pasado distante.

Texto orixinal no APOD.