A Burbulla e M52


Créditos da imaxe e copyrightLóránd Fényes
Explicaciónation: a simple vista, esta composición cósmica equilibra ben a Nebulosa da Burbulla na parte inferior dereita co cúmulo estelar aberto M52. Aínda que a parella sería desigual noutras escalas. A Nebulosa da Burbulla, tamén coñecida como NGC 7635, incrustada nun complexo de po interestelar e gas e inchada polos ventos dunha estrela de clase O, masiva e solitaria, ten uns simples 10 anos luz de anchura. Por outra banda, M52 é un cúmulo aberto rico de ao redor dun milleiro de estrelas. O cúmulo ten uns 25 anos luz de diámetro. Visto cara o límite setentrional de Casiopea, a distancia estimada para a Nebulosa da Burbulla e o complexo de nubes asociado e duns 11.000 anos luz, mentres que o cúmulo estelar M52 atópase a uns 5.000 anos luz de distancia. O amplo campo telescópico de vista abarca uns 1,5 graos no ceo ou tres veces o tamaño aparente da Lúa Chea.

Texto orixinal no APOD.