A Gran Nebulosa de Orión

 
Créditos da Imaxe e Copyright: Jesús Vargas (Astrogades) e Maritxu Poyal (Maritxu)
Explicación: Gran Nebulosa de Orión, tamén coñecida como M42, é unha das nebulosas máis famosas do ceo. As nubes de gas brillante da rexión de formación estelar e as estrelas nova e quentes están á dereita nesta imaxe colorida e definida que inclúe a máis pequena nebulosa M43 preto do centro e a nebulosa de reflexión, azulada e poeirenta, NGC 1977 e amigas á esquerda. Ubicada no límite do xigante  complexo de nubes molecular, por outra parte invisible, estas chamativas nebulosas representan só unha pequena fracción da riqueza de material interestelar desta veciñanza galáctica. No interior da gardería estelar, ben estudiada, os astrónomos tamén identificaron o que parecen ser numerosos sistemas solares cativos. A marabillosa paisaxe celeste abarca case dous graos ou uns 45 anos luz á distancia estimada para a Nebulosa de Orión de 1.500 anos luz.

Texto orixinal no APOD.