A formación rochosa marciana Tisdale 2

 

Créditos da imaxe: Mars Exploration Rover Mission, Cornell, JPL, NASA

Explicación: Que fai que esta rocha marciana teña tanto cinc? Aproximadamente do tamaño e a forma dunha mesa de café inclinada, este afloramento rochoso iluminado cenitalmente e singularmente plano foi atopado por casualidade hai unhas semanas polo vehículo robótico Opportunity, aque anda rolando actualmente por Marte. A principios de mes o Opportunity acadou o cráter Endeavour, a formación en superficie mais grande atopada, e agora está a explorar os bordos do Endeavour procurando rastros dun Marte húmido miles de millóns de anos atrás. Mostrada enriba e nomeada Tisdale 2, a inusual estrutura rochosa foi investigada polo Opportunity a semana pasada e identifíacase como vestixio exectado durante o impacto que formou o cercano cráter Odyssey. O resultado da análise química do Tisdale 2 mostrou unha cantidade estranamente alta do elemento cinc. A razón é descoñecida na actualidade, pero podería ser unha pista para explicar a historia de toda a rexión. O Opportunity está atopando rochas máis antigas que calquera das estudadas previamente e continuará explorando outras intrigantes formacións rochosas que polo de agora só se albiscan oa lonxe.

Texto orixinal no APOD.