Sobre a orixe do ouro

 

Créditos da imaxe: Dana Berry, NASA

Explicación: onde se orixinou o ouro do seu xoieiro? Ninguén está completamente seguro. A relativa abundancia media no noso Sistema Solar semella maior do que se puido producir no universo temprán, nas estrelas, ou incluso nunha tipica explosión dunha supernova. Algúns astrónomos suxeriron recentemente que os elementos pesados ricos en neutróns como o ouro poderían producirse con máis facilidade nas raras explosións ricas en neutróns como as colisións das estrelas de neutróns. A fotografía superior é unha ilustración artística que mostra dúas estrelas de neutróns dando voltas en espiral xusto antes de colisionar. Suxírese que as colisións de estrelas de neutróns son orixe das explosións de raios gamma de corta duración, e é posible que vostede teña un recordo procedente dunha das explosións máis potentes do universo.

Texto orixinal no APOD.