Os Delta 2 do graal

 

Créditos da imaxe e Copyright: Ben Cooper (Launch Photography)

Explicación: Estes espectaculares rastros dunha exposición fotográfica de 20 minutos de duración mostran a rodadura na pasada noitiña da torre móbil de servizo do Complexo de Lanzamento 17 da base da Forza Aérea de Cape Canaveral. As naves xemelgas acomódanse dentro dos 13 esbeltos foguetes Delta-2 listas para o lanzamento. O dúo fará unha viaxe á Lúa na misión do GRAIL [n. do t.: en inglés, graal], o Laboratorio Interior e de Recuperación de Gravidade, da NASA, en formación de voo de precisión, para mapear o campo gravitatorio da Lúa. A escena foi tomada con anterioridade ao primeiro intento de lanzamento, cancelado por mor dos ventos de nivel superior, o 8 de setembro. Haberá outras oprtunidades de lanzamento para o GRAIL mañá 10 de setembro cedo. O lanzamento do GRAIL será o derradeiro lanzamento programado dende o Complexo 17, a plataforma activa máis antiga de Cape Canaveral, empregada dende 1957.

Texto orixinal no APOD.