O Cometa Garradd e o Colgadoiro

 
Créditos da Imaxe e CopyrightRogelio Bernal Andreo
Explicación: varrendo ao través do ceo nocturno do planeta Terra, a pasada fin de semana o Cometa Garradd (C/2009 P1) visitou este adorable campo estelar ao longo da Vía Láctea na constelación de Vulpecula. Orientado de xeito insinuante, a colorida paisaxe celeste amosa as estrelas do asterismo coñecido como o Colgadoiro coa cola do cometa sinalando cara o sueste. Coñecido tamén como o Cúmulo de Al Sufi, o propio Colgadoiro é probablemente unha aliñación fortuíta e non un cúmulo de estrelas relacionadas. Pero o cúmulo de estrelas aberto e compacto NGC 6802 aporta elegancia ao campo de visión xusto á dereita do Colgadoiro, preto do límite do cadro. Por debaixo da visibilidade a ollo nu pero achegándose á magnitude 7 de brillo, o Cometa Garradd foi un bo obxectivo para prismáticos e telescopios pequenos. Aínda, os ceos brillantes pola luz da Lúa desta semana farán ao cometa máis difícil de atopar.

Texto orixinal no APOD.