SDSS J102915+172927: unha estrela que non debería existir


Créditos da imaxe: ESODSS2
Explicación: por que esta estrela ten tan poucos elementos pesados? As estrelas nadas na xeración do noso Sol teñen unha abundancia prevista de elementos máis pesados que o hidróxeno e helio mesturados no interior das súas atmosferas. Nas estrelas nadas na xeración anterior ao noso Sol, estrelas de Poboación I, as estrelas que crearon a maior parte dos elementos pesados que nos rodean hoxe, óllase que posúen algúns, aínda que menos, elementos máis pesados ca H e He. É máis, as esquivas primeiras estrelas do Universo, nunca vistas, tamén denominadas estrelas de Poboación III, teñen unha masa prevista máis grande e unha cantidade pequena pero fixa de elementos pesados. Incluso a estrela de pouca masa da Vía Láctea, SDSS J102915+172927, entre outras, parece ter menos metais dos nunca previstos antes para calquera estrela, incluíndo 50 veces menos litio do que saíu do Big Bang (ou Grande Estoupido). A natureza estraña desta estrela, catalogada inicialmente polo Sloan Digital Sky Survey (SDSS ou Exploración Dixital do Ceo Sloan) e fotografada arriba, foi descuberta polas observacións espectroscópicas polo miúdo dun gran telescopio VLT en Chile. Numerosos modelos de formación estelar sinalan que semellante estrela non se debería ter formado nunca. A investigación continúa, porén, cunha hipótese á cabeza que mantén que o fráxil litio primixenio se destruíu no centro quente da estrela.

Texto orixinal no APOD.