M6: o cúmulo da bolboreta

 

 

Créditos da imaxe e copyright: Sergio Eguivar Buenos Aires Skies

Explicación: para algúns o contorno do cúmulo estalar aberto M6 semella unha bolboreta. M6, tamén coñecida como NGC 6405, abrangue preto de 20 anos luz e atópase a uns 2.000 anos luz de distancia. M6 pode ser vista con ceo escuro e binoculares cara a  constelación de Escorpio, cubrindo tanto ceo como a lúa chea. Tal e como lle sucede a outros cúmulos abertos, M6 está composta de xeito predominante por estrelas novas azuis, se ben a estrela máis brillante é case laranxa. Estímase que M6 ten preto de 100 millóns de anos. Determinar a distancia a cúmulos como M6 axuda aos astrónomos a calibrar a escala de distancia do universo.

Texto orixinal no APOD.